AVISO LEGAL

En cumprimento co establecido no  Art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico ( LSSI-CE), infórmase que esta páxina web, con dominio www.acadar.org, é titularidade da Asociación de Mulleres con  Discapacidade de Galicia ( ACADAR).

A responsable do servizo prestado a través da Web é:

Asociación de Mulleres con  Discapacidade de Galicia (ACADAR). 
Rúa Dublín,  nº3, Baixos,
15707, Santiago de Compostela (A Coruña). 
Teléfono: 674 073 092. 
Dirección de correo electrónico: protecciondatos@acadar.org
C.I. F.  nº G-70.223.417. 
Inscrita no Rexistro de Central de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2009/013595-1 (SC). 
Inscrita no Rexistro Único de Servizos Sociais co nº E-5371.

 

TERMOS E CONDICIÓNS

 

1. PERSOAS USUARIAS: O acceso e/ou uso deste portal de  ACADAR atribúe a condición de PERSOA USUARIA, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas.

2. USO DO PORTAL: www.acadar.org proporciona o acceso a multitude de informacións, datos e fotografías (en diante, "os contidos") na internet pertencentes a  ACADAR. A PERSOA USUARIA asume a responsabilidade do uso do portal. A PERSOA USUARIA comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (como por exemplo  poderían ser servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias que se cheguen a crear dentro do portal) que  ACADAR ofrece a través do seu portal e con carácter  enunciativo pero non  limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de  apoloxía do terrorismo ou  atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de  ACADAR, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes.  ACADAR resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, ACADAR non será responsable das opinións vertidas polas persoas usuarias a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación que se poidan chegar a crear dentro do portal web corporativo, así como nos perfís oficiais de redes sociais de  ACADAR.

3. PROTECCIÓN DE DATOS:  ACADAR cumpre coas directrices e obrigacións reguladas no REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e demais normativa vixente sobre protección de datos en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais das persoas usuarias do portal web, así como a súa confidencialidade, integridade e dispoñibilidade en todo momento.

 

4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL: ACADAR por si ou como  cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título  enunciativo, imaxes, son, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de  ACADAR ou ben das súas  licenciantes. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de ACADAR. A PERSOA USUARIA comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de ACADAR. Poderá visualizar os elementos do portal e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. A PERSOA USUARIA deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de ACADAR.

 

5. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE: ACADAR non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas  maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

 

6. MODIFICACIÓNS: ACADAR resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.

 

7. LIGAZÓNS: No caso de que en www.acadar.org dispuxésense ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios da internet, ACADAR non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso ACADAR asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún dos devanditos hipervínculos ou outros sitios da internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

 

8. DEREITO DE EXCLUSIÓN: ACADAR resérvase o dereito para denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aquelas persoas usuarias que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

 

9. XENERALIDADES: ACADAR perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

 

10. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN: ACADAR poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

 

11. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN: A relación entre ACADAR e a PERSOA USUARIA rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais de Santiago de Compostela.