top of page
Recoñecendo violencias. Violencia obstétrica
03:14

Recoñecendo violencias. Violencia obstétrica

“O médico suxeriume que, xa que tivera que facerme unha cesárea, que me ligase as trompas aproveitando que xa tiveran que abrirme” Rosario dá voz a unha situación que non pode pasar máis. As intervencións médicas inxustificadas e o abuso de medicación en mulleres con discapacidade son violencia. Moitas persoas asumen que as mulleres con discapacidade son capaces de ser coidadoras de familiares, netos, sobriñas... pero non de criar crianzas propias. Abrámos os ollos e rachemos coas ideas preconcibidas. Tamén nos fala Rosario doutra realidade dura, a da violencia no ámbito laboral: “A pesar de que as empresas me contratan recibindo unha subvención que as favorece economicamente sinto que non me tratan como deberían. En canto cobran tírante á rúa” Dende ACADAR abrimos unha xanela pola que podedes asomarvos para descubrir realidades. Coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e de socias/usuarias de ACADAR vos ofreceremos materiais para recoñecer e loitar contra as violencias económica, cultural, psicolóxica, obstétrica, física, sexual, estrutural. Mudemos o mundo xuntas. #25N #25denovembro #violenciaobstétrica #violencialaboral #queremonoslibres #queremonosvivas #ninunhamenos #secretaríaxeraldaiguadlade #xuntadegalicia #acadar #igualdade #empoderamento #sororidade #feminismo #inclusion #colaboración #discapacidade #discapacidades #accesibilidade #dereitos #descubrerealidades
Recoñecendo violencias. Violencia económica
03:50

Recoñecendo violencias. Violencia económica

“A violencia económica está tan naturalizada que eu non sabía nin que era violencia” Lucía dá voz a unha realidade que moitas veces permanece oculta e que precisamos que saia á luz para poder eliminala: a violencia económica que se exerce contra as mulleres. Algúns indicadores deste tipo de violencia son: a privación de poder económico o incumprimento da lei para a retribución de pensións as excesivas xustificacións do gasto o control abusivo dos cartos a negación de acceso ao traballo remunerado a ausencia de información dos ingresos da parella o analfabetismo financeiro a venta dos bens matrimoniais e/ou materiais sen consentimento informado Neste 25 de novembro, Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende ACADAR abrimos unha xanela pola que podedes asomarvos para descubrir realidades. Comezamos así unha campaña que se estenderá os vindeiros días e na que coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e de socias/usuarias de ACADAR vos ofreceremos materiais para recoñecer e loitar contra as violencias económica, cultural, psicolóxica, obstétrica, física, sexual, estrutural. Mudemos o mundo xuntas. #25N #25denovembro #violenciaeconomica #nonmecontroles #queremonoslibres #queremonosvivas #secretaríaxeraldaigualdade #xuntadegalicia #acadar #igualdade #empoderamento #sororidade #feminismo #inclusion #colaboración #discapacidade #discapacidades #accesibilidade #dereitos #descubrerealidades

Ver máis

bottom of page