Violencia
...Ás veces escóndese detrás do medo, do coidado asfixiante, ou da falta de coidado, da ignorancia, da educación, da vergoña.
Outra disfrázase de amor, cando é control.
Maniféstase en moitas maneiras distintas, pero sempre ataca á liberdade...
Ver e recoñecer
Preme nos diversos tipos de violencia para coñecer, detectar, e abordar a vulnerabilidade á que se enfrontan as mulleres con discapacidade. Unha realidade descoñecida e ignorada que queremos axudar a detectar.
Tipos de
violencia
"Camiño,
toma de decisións,
autodeterminación"
Consciencia
Ver
Capacitación
"Camiño,
ferramentas,
esforzo"
Recoñecer
Actuar
Empoderamento
Parte do proceso no cal acompañamos ás mulleres con discapacidade na adquisición de ferramentas de cara ao seu desenrolo persoal
" Capacidades,
crecemento,
éxito"
Quen somos?
ACADAR
O equipo ACADAR traballamos a partir da crenza de que as mulleres con discapacidade poden ser donas da súa toma de decisións. Partimos, polo tanto, da idea de que non será o conxunto profesional quen facilite solucións gratuítas. O esforzo debe partir da propia persoa que quere e precisa mudar unha situación actual.